Ayuntamiento Cangas

Ayuntamiento Cangas
★★★★★
Dirección: Avenida Castelao, 2
Población: 36940 Cangas
Tel.: 986 300 050
web.: www​.cangas​.org

Contactar

ayuntamiento cangas

Na primeira metade do século XV, moitos veciños das parroquias colindantes de Darbo e Coiro aséntanse no fronte marítimo; por iso aparecen referencias a que viven y ejercen o seu oficio de mareantes no Porto de Cangas. O seu número chegaría a ser superior ó da parroquia de Darbo, articulándose entón un incipiente núcleo urbán onde destacan dous barrios, O Sinal e O Costal, núcleos primixenios da vila.

En 1467, e debido ó clima de anarquía política e os constantes abusos da nobreza, Cangas veuse inmersa nunha gran revolta popular e antiseñorial conocida como " A Guerra Irmandiña". Foi entón cando os sublevados derrocaron a Fortaleza de Darbo, pertencente á mitra arcebispal de Santiago.

A nosa poboación empeza a ser citada como vila a partires do século XVI, cando se levanta a igrexa que pasaría a ser Colexiata no 1545. Neste momento constrúense outros importantes edificios como o Hospital, e se configura xa como cabeza de Xurisdicción do Morrazo, dotada de Reximento (Concello), con notarios, escribanos públicos, e xuices nomeados polo Arcebispo de Santiago. De el dependería Cangas dende entón, e nela cobraba medio dezmo por medio de fieis (inspectores de tributos) propios.

A segunda metade do século XVI é a época de máximo esplendor baseado na exportación de peixe a Portugal, portos andaluces e portos do Cantábrico. A vez convírtese en centro importador de viños de Andalucía e de viños galegos de Rivadavia que se consumen na vila e se reexportan a portos do Cantábrico. Esta actividade fanna un nutrido grupo de burgueses que se enriquecen sendo mercaderes i exportadores de peixe salgado (sardiña) ou seco (polbo).

A comezos do XVII a próspera economía de Cangas entra en crise trala invasión de "Piratas Berberiscos" en 1617.Pouco despois aparecen na vila un gran número de procesos por bruxería, entre eles o de "María Soliña".

No 1702, os veciños viron con pavor como unha xigantesca escuadra anglo-holandesa adéntrase na ría, perseguindo a unha flota franco-española procedente de América cargada de inmensas riquezas. En prevención, as maiores riquezas tiñan sido trasladadas a outras vilas e lugares próximos, pero esta vez Cangas librouse do saqueo. En cambio, outras poboacións da ría (como Redondela) foron obxeto de rapiña e pillaxe por parte do inimigo, trala súa victoria na "Batalla de Rande".

A poboación agraria cultivará terras que son do directo dominio do sector eclesiástico e nobre, que pagará foros polas mesmas, que son percibidos polos señores medianeiros (hidalgos de segunda fila que aforan terras a campesiños).

Logo de 1750 a actividade industrial de salgadura pasa a mans dos fomentadores cataláns que se instalan en Bueu e teñen fábricas en Aldán e Hío.

A comezos do século XX, as salgaduras comezan a deixar paso ás fábricas de conserva que levarán o protagonismo da actividade industrial, e logo de 1939 instálase en Cangas o enorme complexo conserveiro de Massó que chegará a ter mais de 1000 posto de traballo e que entra en crise na década de 1980 ata desaparecer.

Hoxe a vila é un centro urbano que depende no económico da área de Vigo aínda que o sector de servizos é a actividade principal, segue tendo importancia o sector pesqueiro cunha importante mariñeiría que pesca nos caladoiros de Gran Sol e en caladoiros de África.
O futuro está na aposta polo Turismo e hai un elevado desenvolvemento do sector inmobiliario, porque o seu clima, praias, deportes náuticos e gastronomía fan que sexa a segunda residencia de numerosos visitantes.

Información gestionada por Eventos Multiexpo s.l.

Imágenes

Últimas publicaciones

Si quieres recibir información de esta empresa en tu móvil o tablet descárgate TokApp gratuitamente en tu iPhone o Android, busca esta empresa y usa el botón Suscribirme.

Mapa

Comentarios

Agregar comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y su experiencia de navegación. Si sigue navegando, entendemos que acepta su uso. Más información