Oferta de Ayuntamiento de a Estrada

A Rapa Das Sabucedo
★★★★★
Empresa : Ayuntamiento de a Estrada
TokApp: ayuntamiento-deaestrada​.tokapp.emp.es
Dirección: Praza Da Constitucion,1
Población: 36680 Estrada (A)
Tel.: 986 570 030
web.: www​.aestrada​.com
Contactar

A Rapa Das Sabucedo


04/07/2013 Al 08/07/2013
Sabucedo é unha pequena aldea do interior de Galiza, no corazón da comarca de Tabeirós Terra de Montes e pertencente ó concello da Estrada. Temos noticias de veciños en Sabucedo a comezos xa do século XV. De non ser polo singular da súa tradición estariamos a falar dunha desas fermosas aldeas perdidas entre carballeiras, esquencidas polas institucións e abandonadas definitivamente polos seus veciños ante a falta de oportunidades para sobrevivir de uns e de desenvolverse doutros. É este feito, o singular da súa tradición “A Rapa das Bestas”, o que a distingue e fai que cada ano se acheguen milleiros de persoas durante os días en que transcorren as celebracións.
PROGRAMA RAPA 2013
XOVES día 4 de XULLO
22:00 - IV Gala en honra e louvanza dos "aloitadores"
VENRES día 5 de XULLO
06:30 - Tradicional, Misa na alborada, na honra de San Lourenzo

07:00 - Saída rumbo a MONTOUTO na procura dos cabalos.

13:00 - Xuntanza das "greas" na chaira do Peón - Rodeo e Baixa para o cerre do Castelo - Separación de poldros e marcaxe con microchip

17:00 - Traída dos poldros para Sabucedo

20:30 - Inauguración da Exposicion GALICIA LATEXA: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO. A carón do Curro Vello

23:00 - Concerto do Grupo A RODA

SABADO día 6 de XULLO
12:00 - Traslado dos cabalos pola aldea para o cerre de Cataroi

20:00 - Primeira RAPA no "curro" (Cambio de hora)

23:00 - Verbena no Campo do Medio

DOMINGO día 7 de XULLO
12:00 - Segunda RAPA

17:00 - Exhibicións Folclóricas

18:00 - Actuación de Banda de Música

22:00 - Verbena no Campo do Medio

LUNS día 8 de XULLO
12:00 - Terceira RAPA

15:00 - Solta dos cabalos ós seus montes de procedencia

Imágenes

Mapa

Comentarios

Agregar comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y su experiencia de navegación. Si sigue navegando, entendemos que acepta su uso. Más información